10 Iglesias Alvariño

10 Iglesias Alvariño


9.2 .  Texto literario:
Aquilino Iglesia Alvariño (Seivane, 1909 - Santiago, 1961)  Premio día das letras galegas (1986) segue a corrente da poesía humanística rural, mais tamén se ocupa das traduccións duns clásicos latinos  e  da lexicografía.  Escribiu Señardá (1930), Cómaros verdes (1947) que era o primeiro libro escrito en galego e  publicado en Galicia despois da Guerra Civil, Nenias (1961) e  A comedia da oliña (1961) entre outras obras.  O seguinte texto vén de  Cómaros verdes, ed Celta, Vilagarcía de Arousa 1947 p. 39.

Oración do sapo

Señor, que estás nun reculliño de sombra,
e  andas sempre por camiños de noite,
e  cantas cada hora e  cando o teu cantar
sin que ninguén se mole de Ti.
Líbranos, Señor,
das cousas que andan a correr.
Dos pucheiros cheos de auga, nas hortas,
e da boca das cobras,
e  da roda dos carros,
e de tódolos bichos malos,
Dainos, Señor,
un alpendre de sombra  e  de luar
para cantar.
e  un carreiriño de vagalumes
polas hortas vizosas do teu reino.

Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.