10 O mar

10 O mar

X  O MAR
O mar Portonovo, 3 de xullo  Antonte, cando cheguei a beiramar, estaban os tíos de Portonovo agardando por min e    todos os curmáns tamén.  Anque ti dis que estou algo frouxo do andazo, o tío di que estou coma un cachalote e   que, cando vaia a praia dous días cos seus baleatos (os curmáns), volverei feito un marraxo (o tío sabe moito de animais mariños).
   Ese día pola tarde fomos a unha praia, da que din Seíño e   Nolo que e   moi costaneira, e   tomei, como me mandaches, moito sol  e   ata fixen iso que dicías da brisa mareira (aspirar ou expirar ou iso que ti dis).
   Na praia hai un lombo de area, na beira, e  cando debala o mar deixa unha poza e  alí pescamos moitos caranquexos.  Tamén fomos ás penas cun troeiro e   un pau con engado na punta e  collemos moitos camaróns e esquías.  Nolo ata pescou unha nécora  e  eu collín tamén tres patexos e  un queimacasas, pero como ese non se comen tivemos que ceibalos.
   Cando encheu o mar, puxémonos a buscar entre as olgas caixas e  botellas baleiras, que boian moi ben e semellan lanchas.  Pegueime con Nolo, porque el quería que foran xeiteiras e   eu bous, pero foi moi pouquiño o que berramos e   gañou el (para que lle digas a papá que sigo o seu consello de ser bo).
    As olgas danme algo de noxo, pero as que máis, os golfos e   as corres, porque os curmáns xogan con elas coma se fosen trallas e  esbaran dun xeito pola cara que ata me da arrepío dicilo.
   ?nte non nos puidemos bañar, porque a auga estaba moi viva e  había rellas, pero estivemos vendo romper o mar e   como a mareira daba nas penas.  Ás veces alombaba tanto a auga que fuxiamos correndo, antes de que as ondas romperan e   nos deran unha boa ducha.
  Hoxe puidémonos bañar porque mellorou o tempo.  Foi o día que mellor o pasei.  Fomos a outra praia que  hai preto da casa e, desde un baixo que estaba en seco,  tireime moitas veces ao  bucío e   andei con tento para non romper os dentes, como ti xa me tes dito.  Antes xa lle preguntei   ao tío se era un sitio perigoso e  dixo que non, porque alí  o fondo e    limpo e  , o non ser cuberto nin terreo bravío, non hai perigo ningún;  dixo que tampouco un fondo lamoso tiña coidado, pero penso que por aquí non os hai.  Nadei tanto que estou cheo de maniotas

Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.