11a Fernández Teijeiro

11a Fernández Teijeiro

11 Manuel María Fernández Teijeiro

Manuel María Fernández Teijeiro (Outeiro de Rei 1929 -  )  poeta, narrador, editor, e  libreiro,  tamén cultiva a literatura infantil -  Os soños na  gaiola  (1968), unha antoloxía de poesía e  Barriga verde  (1968),unha peza de teatro para nenos.  Outros exemplos das súa creación artística son  Cando o mar foi polo río (1992), Unha sombra vai polo camño (1991), e Como desapareceu a Atlántida e apareceron os lagartos (1991). O seguinte texto vén de Contos en cuarto crecente  ed. Celta, Madrid-Lugo 1962, p 44.

Ao  saír do traballo, Flavio encende un cigarro.  No bar da esquina toma dúas cuncas de viño: nin máis nin menos.  Logo xanta.  Despois de xantar vai botar a súa partidiña de dominó.  e  logo volve á súa oficina.  Da oficina sae ás sete da tarde.  De sete a oito menos cuarto Flavio pasea pola Calle Maior.  Ás oito menos cuarto colle a entrada para o cine.  Se non vai  ao  cine métese no café   e pide un café   con leite.  Ás dez menos cuarto vai á taberna e   bebe dúas cuncas de viño: nin unha máis nin unha menos.  Ás dez en punto cea.  De dez  e   media a once le nunha revista ou nunha novela de aventuras. e   sempre así. Así un día e outro día. e  outro e  outro...
Os domingos e   festas de gardar, as cousas cambian un pouco porque non son días de traballo.  Xa se sabe que a santificación das festas é   un precepto divino.  Os domingos e  festas de gardar,  Flavio vai á misa de doce á súa parroquia.  Despois pasea pola  Rúa Maior e  toma as dúas taciñas de viño:  nin unha máis nin unha menos.  Pola tarde está máis tempo no café  .  Despois de saír do café, se a tarde é  boa, dá o seu paseiño polo xardín.  e  se é  no verán, en troques de ir pasear ao xardín, dá un paseo polos arredores da cidade.

Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.