11.2 Celso Emilio Ferreiro
Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912 - Vigo, 1979) Premio día das letras galegas 1989 cultiva a novela pero destaca máis a súa obra poética que é unha poesía existencialista intimista que expresa a realidade de Galicia. exemplos das súas obras son O soño sulagado (1955), Longa noite de pedra (1962), e Viaxe ao país dos ananos (1968) do que vén o poema, Para a mocidade, que trata da Galiza emigrante.
Para a mocidade
Tendes que acender un facho
de baril inconformismo.
"Non", "Non", diredes decote
aos profesores de mitos,
que queren de contrabando
pasar falsos paraísos.
"Non", "Non", diredes arreo
aos que van no seu machiño
cabalgando moi contentos
entre nubes de optimismo.
"Non", "Non", debedes dicir
aos que menten por oficio.
A verdade, só a verdade
da terra na que vivimos,
labrada en berros de lume,
nacida en berce cativo.
A verdade, súa verdade
da terra na que nacimos.
Celso Emilio Ferreiro,Viaxe ao país dos Ananos ed. Ciencia Nueva, Madrid 1968 p 82
Juan A. Thomas, Ph.D.
Juan A. Thomas, Ph.D.
Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028