11 A vida social

11 A vida social

Vai para unha semana que  os señores de Souto están en Santiago para asisitir a unha reunion de médicos, mellor dito, a un Congreso de Pediatría.  Mentres Antón asisite a conferencias, reunións e  discusións de grupos, Rosario telefonea ás súas amigas para saír a tomar o aperitivo xuntas.  Moi dispostas, vanse a unha cafetería e  danlles unha voltiña  aos coñecidos: quen casou, quen segue solteiro, outro morreu, estoutro non lle foi ao enterro, o de máis alá púxose a mal co viciño de enfrente...

Nestes medios aparecen os maridos.  Cambian de conversa e  póñense a falar da reunión pasada, do vello que está o catedrático de tal asignatura, ou do último coche que mercou fulano.  Alguén fala de dar unha volta polo Franco antes de ir comer. É unha proposta moi razonable.  Ao cabo, quedan de verse para tomar o café xuntos, pero Antón e  Rosario discúlpanse, porque están invitados na casa duns parentes de Rosario e máis tarde teñen que ir facer unha visita de compromiso e, aínda que sexa moi cursi, tomar o té .  Antón di que é mellor verse ás sete e  media e  ir despois ao cine.  Tamén hai unanimidade.

Antón obra un pouco egoistamente porque, ao día seguinte de chegaren, tiveron a oportunidade de ir ao teatro.  Oportunidade, xa que moi poucas veces se pode ver teatro en Santiago.  O que pasaba no escenario poucos da sala o entendían, pero ninguén rebulía na butaca.  Á saída había comentarios para todos os gustos.  Rosario, filosoficamente, díxolle ao  marido que envellentaban e  que el en particular, tiña tendencia a toconear na butaca.

Así Antón, sen outra cousa, encargou as entradas e  telefoneou a un restaurante para ir cear á saída da película.  Despois de ben comidos e   ben bebidos ningén falaba de ir durmir.  Tamén axiña chegaron a un acordo: ir a un whisky-clube e  bailar ata que pechasen e  os botasen fóra. E alá se foron.

Ás tantas da noite, os señores de Souto Seoane abrían a porta da casa a modiño e  caladiños para non espertar a ninguén.  Henrique, que tiña o costume de se quedar a estudiar pola noite, saíu da habitación e quedou moi sorprendido ao ver avanzar polo corredor a seus pais moi serios cos zapatos na man.  Pensou: "ao Congreso divértese".

Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.