pesos e medidas

pesos e medidas

12 Pesos e medidas



Lectura Pesos e   medidas  Rosario, á tardiña, como non ten moito que facer, vai á tenda comprar calquera cousa que, aínda que non lle faga moita falta, xustifícaa diante da súa conciencia de muller casada e con fillos.  Cando chegou hoxe, estaban escollendo nas patacas para a sementeira.  Cada labrego levaba segundo os ferrados que tivese que sementar; os cuartillos non se tiñan en conta, pois as sacas véndense por quintais e non por quilos.  Este ano van caras e ninguén quere sementar con semente nova mais de dúas fanegas, que elas soas xa lle comerán uns centos de pesos.

Hai tamén homes con garrafas para o viño. A venda do viño para as casas faise case sempre por cuartillas, medias cántaras ou olas.  O encargo require concentración.  Primeiro catan un cuartillo ou un neto, como din os vellos.  Os mais temperados contántanse con tres ou catro cuncas. éche un traballo ir polo viño: o garrafón pesa e  ás veces hai que andar unha legua de camiño, pero ten a vantaxe de que a cada quilómetro, ou menos en caso de apuro, pódese facer unha paraxe e confirmar a calidade do artigo.  Algún axudarálle de boa gana ao  taberneiro, que anda sempre con topes cambiando viño dun bocoi para outro.

Rosario comprou un metro de goma, aínda que poida que lle sobre unha cuarta, un carrete e  media ducia de agullas. Súa sogra, en paz estea, compraba as cousas por varas e  por furcos.  Se a conta pasaba dunha peseta, axustaba patacón a patacón; cando conseguía que lle rebaixasen un real, xa marchaba satisfeita.  Rosario, con tan pouca cousa, non gastou moito, e  despois dun pouco de leria cunha viciña, que viñera por un litro de aceite e unha libra de azucre, foise facer a merenda.

Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.