13 Curros Enríquez

13 Curros Enríquez

13  Curros Enríquez

Manuel Curros Enríquez (Celanova, 1851 - A Habana, 1908), xornalista e poeta, Premio día das letras galegas 1967, é un dos tres grandes autores do Rexurdimento.  A Virxe do Cristal (1887), unha  lenda mariana, é un poema mesturado de romantismo e realidade na descripción dos personaxes.  Curros era moi relixioso mais á vez, anti-clerical. Seguía as correntes progresistas da súa época,  e por escribir unhas obras  ofensivas para unhas sensibilidades, coma O divino sainete (1888) unha parodia da Divina Comedia  que satiriza certas persoas da súa época, tivo de emigrar  á Habana, onde morreu no centro de saúde do Centro asturiano, por ser dobremente desterrado- en primeiro lugar de Galiza e no segundo, polos  galegos da Habana.  Outra grande antoloxía poética de Curros é Aires da miña terra (1880). O seguinte texto vén de  A Virxe do Cristal  Ed. Castrelos, Vigo  1969, p 25- 26.


Entón, unha Señora                           Das orellas pendurados
toda de luz rodeada,                         leva uns aretes de lume,
de estreliñas coroada                         e  por galego costume,
que como diamantes son,                  dengue de pano sedán,
cun mantelo na cabeza                       zoquiños de pau de amendoeira
de pano negro, moi lindo,                  nos pés de feitura enana,
caladamente, sorrindo,                      e  ao cinto unha muradana
entrou pola habitación,                    con pregos que xenio dan.
Nunca se viu neste mundo               Pasiño a paso, chegouse
mais feiticeira criatura,                     á cama en que dorme Rosa,
nin para tan gran fermosura              e  botándolle graciosa
comparación pode haber;                 unha mirada de amor,
por ollos ten dous luceiros,             díxolle con tono brando,
por dentes perlas dos mares,            que música parecía:
por greñas raios solares,                   "Rosiña, a Virxe María
por risa... un amañecer.                    traeche consolo e favor...

Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.