14 Blanco Amor

14 Blanco Amor

14 Eduardo Blanco Amor

Eduardo Blanco Amor (Ourense, 1897 - Vigo, 1979) Premio Día das letras galegas 1993, xornalista, ensaísta, novelista, dramaturgo, empeza a súa carreira artística na Arxentina e publica obras de poesía Romances galegos (1928) e Poema en catro tempos (1931).  Máis tarde publica as súas novelas máis importantes que aínda hoxe en día son recoñecidos coma obras mestras da literatura galega-  estas son A esmorga (1959), Os biosbardos (1962) e Xente ao lonxe (1972). O seguinte texto vén de A Esmorga   ed. Galaxia, Vigo  1970, p. 45.

Así o fixemos... Aló na galería, que tiña unha das ventás erguidas, víase a máis belida muller que nin pintada eu tiña visto.  Lucía mesmamente coma a Virxe do ceo, sen ofender a ninguén.  Era branca, branca, co cabelo negro... Tiña os brazos nus, cheos de alfaias, botados para fórada fie stra, como se quixese que se mollasen coa auga da chuvia e tiña posto un vestido, branco tamén e   levián para o tempo que facía, como se non lle importara ren do frío.  e   polo medio da cabeza víñalle un manteliño ou un veo de cor azul, e   os cabos del saían pola fiestra e  arrandeábanse co vento, e  como a dona estaba tan queda, semellaban ser a única cousa que tiña vida de seu.  Sorría, fitando para onde nós estabamos, pero sen pestanexar, cos ollos mouros,  grandes e  moi abertos, que aínda poñían seu aquel medo...

Nesto, ao  traveso dos cristais embazados, viuse vir pola galería un vulto de home, e  acurruchámonos de novo sen deixar de fitar.  Dapouco, chegóuse á fiestra e  púxose á par da señora un cabaleiro alto, moi fraco, de barba vermella e  comprida, fardado cun capildó coma de crego ou de frade.

Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.