14 O vestido

14 O vestido

14 O vestido


Lectura  O vestido   Estamos a mediar setembro.  Dona Rosario leva xa uns días preocupada, porque está a empezar o curso e  os nenos están pouco menos que espidos. É hora de ir comprando roupiñas novas, que despois hai moito apuro nas tendas.
Un xoves, pola mañá cediño, saíu toda a familia Souto cara a Santiago. Ao  mesmo chegaren, dona Rosario foi dereita a "Berce", a tenda dunha amiga súa, que vende cousas para nenos e  sempre lle fai unha gracia.  Así mercoulle a Lelo uns pantalóns.  Non lle deixou escoller  ao  neno:
-Quero estes, que son escuros e  fortes - dixo-.  Total para que aos dous días me chegue á casa coeles todos luxados e esfiañados pola cueira de andar arrastrándose..
O Lelo torcía o fociño.  El quería de mellor gana uns que tiña vestidos un moneco,  que eran longos e  que tiñan cinto.  Alí mesmo mercoulle tamén unha chaqueta azul con botóns de metal branco e  un abrigo con caparuza.  Quería levalo posto,  pero d?na Rosario mandou que lle envolvesen todo.
-Xa o estrenarás cando empece a escola- dixo.
Despois foron a "Calzados Helsinki", onde mercaron zapatos para todos.  Don Antón mercou unhas botas.  Henrique tamén mercou calzado forte.  Como as rúas de Santiago levan tanta auga no inverno...
-Para este- dixo Rosario referíndose a Lelo- déame unhas botas de amalló a  reforzadas, aínda mellor me sería mercarlle uns z?cos.  Para min que anda a couces coas pedras.  Desfailles a punteira inda ben non as calza. Déamas do trinta, así te'ñenlle para as medras.
Cando se decataron, xa tiña Carme probados pola caladiña máis de vinte pares e  aínda non sabía con que se quedar.
Ao  pasaren onda "Tecidos a Maragata" paráronse todos diante do escaparate.
A Carme leváballe os ollos unha saia escocesa que tiña posta un maniquí.
-Quero unha coma aquela - dixo inda ben non pasaran a porta para dentro. e    déronlle a probar sete ou oito, ata que atopou unha que lle sentaba ben.  Mentres tanto probaba Henrique un traxe gris a raias na sección de homes.
-Este quédame tan ben coma feito á medida nun xastre -dicíalle ao  pai-.
Téñenme que acurtar algo as perneiras do pantalón.  De paso vou mandar que lle quiten a volta, gústanme máis sen ela.
Alí mesmo mercou dona Rosario outros artigos de vestir: camisas, camisetas, calzóns e  calcetíns para os fillos: xustillos, visos e  outra roupa interior para Carmiña.
Tamén mercou para ela unhas medias de la.
Don Antón botaba man ao  seu peto valdeiro mentres baixaba por tras de Salomé e  cavilaba para si:
-¿e  agora con que pago eu un paraugas, unha pucha eun sombreiro para as festas?.
De volta para a casa guiaba Henrique o coche e  don Antón principiou a darlle son á cántiga aquela que aprenderan o ano pasado no san Froilán:
"Ponme a monteira de rizo
e   o chaleque de veludo,
os calzóns e  maila faixa
que merquei na feira en Lugo..."

Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.