15 Otero Pedrayo

15 Otero Pedrayo

Otero Pedrayo

Ramón Otero Pedrayo (1888 Trasalba - 1976), escritor prolixo, Premios Día das letras galegas 1988, creceu nunha familia fidalga e  foi  home dunhas crenzas tradicionais e  católicas.  Estudiou filosofía, letras e dereito e  colaborou  na Revista Nós.  Serviu  coma deputado nas Cortes Republicanas e  foi  catedrático de xeografía nuns institutos antes de ser desposeso da súa cátedra despois da Guerra Civil pola súa política nacionalista  galeguista. De 1950 - 1958  foi catedrático de xeografía na Universidade de Compostela e  presidente da editorial Galaxia ata a súa morte.   Coma todos os integrantes da Xercaión Nós,  Ramón Otero Pedrayo reclamou o uso de galego en todos os campos de estudio, e  incluso foi o primeiro na Península Ibe'rica que traduciu a James Joyce, e  fixoo ao galego. Cultivou todos os xéneros mais unha grande aportación súa, é  a prosa didáctica escrita en galego,   xénero pouco cultivado antes de 1920.  Entre as súas numerosas obras figuran Os camiños da vida, unha triloxía con toques autobiográficos sobre a fin da sociedade fidalga e  o desenvolvemento dunha nova sociedade en Galicia,  Guía de Galicia,  Contos de Santos e  Nadal, e  Entre a vendima e a castañeira.  O seguinte texto vén de Arredor de si   ed. Galaxia, Vigo 1970 (segunda edición). p 169.


O chófer métese polas Casas Reais, a praza do Pan, a Azabachería, a praza do Hospital, a Rúa Nova para saír á estrada de Ourense.  Adrián endexamais sentira un asoballamento igual.  As grandes laxes, as  disformes arquitecturas na noite, un cantigar de fontes, a fuga de rúas embozadas  en tebras, todo lle producía un deslumbramento, un  vertixe grave, de grandeza infinda e  ao  mesmo tempo familiar.  Adrián decatábase de que xeito se enchía no seu ser un oco ata entón angustioso, agora cheo de seguridade e  esperanza.  Na grande praza, detívose un instante.  Conta o desenrolo dos soportais do Pazo de Raxoi.  Adiviña algo maravilloso no Obradoiro: a faciana esculturada mesturábase e  erguíase sen término con arquitecturas de noite e  de estrelas. Presidían algúns ocos escuros as panzas dos pipotes.

Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.