15 A cidade

15 A cidade

15  Lectura A Cidade   ¡Outra vez na cidade! - pensaba Henrique ao  pechar a porta do piso no que ía vivir co seu amigo Carlos todo este curso-.  A volta a Santiago supuña un novo encontro coas rúas, coas lousas e  os soportais tan característicos da construcción desta vila.

Carlos estaba xa agardando no portal,  onda o ascensor.  Os dous  ían ter que afacerse ao  tráfico, aos coches, aos autobuses.   E  unha vida totalmente distinta a da aldea á da capital.  Aquí, maiormente no centro,  todo vai máis apresa.  Nos arredores ou nos arrabaldos hai unha mestura de vila e   aldea.

Botaron a andar xuntos.

-¿A onde imos?
-Podemos dar un paseo, se queres,  -contestou Carlos-.  Ir a modiño, vendo a xente, os comercios... e , se estás de acordo, chegar ata a praza do Concello.
-Imos logo.
As beirarrúas estaban cheas de xente que  ía e  viña.  No fondo,  ao  lonxe, as árbores do xardín lembrábanlles os campos que viñan de deixar.  Tiveron que agardar nun paso de peatóns.

-¡Xa podían poñer semáforos dunha vez!, dixo Henrique botando a colilla do "Celtas" por un sumidoiro.
-Preséntate a concellal e   fai ti a proposta.  Habíancho de agradecer os guardias de tráfico polo traballo que lles quitabas. Os dous riron.  Cando conseguiron chegar á outra beirarrúa, atopáronse con dous estranxeiros, turistas, que estaban preguntando pola saída da cidade. Indicáronllela facendo acenos coas mans, porque eran suecos e  ningún dos dous sabía falar esa lingua.

Camiñando por baixo dos soportais, vendo os escaparates de tendas e librerías, ollando para as rapazas, pasóuselles o tempo.  Fora, outra vez, o primeiro día de vida na cidade.

Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.