16  Franco Grande

16 Franco Grande

16   Texto literario  Entre o si  e o non por Franco Grande


Aran os bois a codia desta terra
e cando a tona fenden
a terra amostra  ao  sol
o suco onde o arado atopa a laxe...
Un xuramento, un suco e  outro máis,
outro e  mais outro, e  logo
pan de centeo e  grolos
de viño das cepeiras ben retortas.
Fumega aínda a terra aberta en sucos;
o suco canta alá por Salgueiró
e un arrecendo a froumas
polo éter chega ás leiras estercadas.
Entre os centeos canta o paspallás
e  algunha cousa madurece no éter;
o cuco canta e  canta
e  a terra esperta dun pesado sono...
e agora, ao  lusco fusco,
a terra arada colle unha cor violeta;
os bois bafexan, cansos,
e a terra toda agarda algunha cousa.
Cada xugada volve á corte a modo
e leva enriba o peso dos seus cornos;
o gran agarda abrirse no seu tobo
e móvese no seo desta terra...!

Franco Grande, Entre o sí e o non   ed. Galaxia, Vigo  1967  p. 97

Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.