19 A natureza

19 A natureza

Capítulo 19  A natureza


  Toda a clase se revolveu cando a mestra dixo:
-Hoxe imos falar das cousas que temos diante de nós, moitas veces, sen nos decatar.  Imos falar do ceo, da terra, do sol, das montañas.  En fin, da Natureza.
- ¡A ver, Xusto!- preguntoulle a un dos rapaces-  ¿Como se chama o astro que nos aluma e  nos dá  calor polo día?
-O sol - respondeu o neno-.
-¿e  o astro da noite?
-A lúa.
Moi ben.  Pero xa sabedes que a lúa non está sempre igual.  Ten catro fases ou cuartos, que son:  abalo, debalo, lúa chea e lúa nova.  A luz que dá chámase luar.  e  ese cerco que ten ás veces...
- É   a coroa... - saltou un desde atrás-.
-Coroa, ben. Pero...¿quen sabe como se chaman ese puntiños de luz que se ven no ceo cando hai noite clara?
-Son as estrelas - respondeu Lelo-.  E  seille tamén os nomes dalgunhas delas.
-A ver. Lelo, dimos logo.
-Pois... a primeira que se ve pola tardiña  é  a estrela xornaleira, e  a derradeira en desaparecer pola mañá é   o luceiro.  Hai tamén o Carro, as Tres Marías, o Setestrelo...¡Ah! e  o Camiño de Santiago.
-¡Seica ti sabes moito, Lelo!  -dixo a mestra-.  Despois do abrente, ao  amencer, se vos erguedes cediño, podedes ver abrir o día, chámase mañá.  E despois vén a tarde.  Cando xa vén a tardiña, dise que é  entre lusco e  fusco.  e  cando hai unha cor  vermella ao  solpor, no poente, chámase roibén.  Despois ven o anoitecer   e,  por fin, outra vez a noite.
-Eu sei como se chaman as nubes da tronada, profesora, - dixo outro dos rapaces-.
-A ver dínolo logo.
Son os castelos.  E cando no ceo hai esas outras nubes que mesmiño parecen algodón, dise que está o ceo ovellado.
-Moi ben, home.  Imos falar un pouco do aire.  Xa sabedes que tamén se chama vento.  Cando é    moi forte, pode mesmo arrinca-los tellados das casa e   entón chámase furacán.  As veces fai remuíños no chan e  as follas das árbores empezan a dar voltas.
-Profesora, ¿como se chama a parte máis alta das montañas?
-Chámase o cumio.  Baixando polas ladeiras do monte, pódese chegar a un val.  Polos vales pasan os ríos.  Hai ríos que no verán non levan auga e   entón queda o leito seco.
Acababa o tempo da clase.  Pero os rapaces- cousa ben rara- non tiñan gana de se botar fóra.
-¿Cando facemos outra clase destas, profesora? - preguntou Lelo-.
-Pois, se cadra, mañá.

Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.