1 Castelao

1 Castelao

1. Texto Literario de Os dous de sempre de Castelao

Alfonso R. Castelao (Rianxo 1886 - Buenos Aires 1950), artista e escritor, premio 17 de Maio, Día das letras galegas, 1964. Cando era neno, a súa familia emigrou á Arxentina mais retornou a Rianxo en 1900. Licenciouse en medicina, pero traballou coma funcionario e profesor de debuxo; dicía que fixo medicina por amor ao seu pai pero que a deixou por amor á humanidade. Colaborou coma debuxante e deseñador artístico en moitos xornais e revistas. Ingresou na Real Academia Galega en 1934, co discurso As cruces de pedra na Galiza. Entre as súas obras literarias figuran a novela Os dous de sempre (1934), a peza teatral Os vellos non deben de namorarse (1953), e as antoloxías de relatos breves, Retrincos (1934); Cousas (1926), que ilustra as súas habilidades artísticas tanto como as literarias a través das estampas que acompañan os relatos; e O ollo de vidro (1922). Castelao, integrante da Xeración Nós, un grupo de intelectuais asociados á publicación da revista Nós, exilouse na Arxentina en 1939 por razóns políticas. En Buenos Aires, escribía con liberdade e así publicou Sempre en Galiza (1944), obra que serviu como biblia do nacionalismo galego. O seguinte texto ven de Os dous de sempre , ed. Galaxia, Vigo 1970 (3ª ed.) p. 19.

Eu quero contárvos o sucedido que amostra os degoiros de comida que sempre sentían os rapaces de Farruco. Estaba o pobre pai ensumido en cavilacións, pois acababa de recibir un novo meniño, moi repoludo e bonito, certamente, pero que non traía consigo a comida do mañá, e achegouse a el Pedro, o fillo máis vello, que o espertou das súas cavilacións.

- ¿De onde veu o meniño, papai?
e Farruco respondeulle, por dicir algo:
-Mandouno a tía Adega no caixón das lambetadas.
e Pedro, despois dun anaco de meditación, volveu a preguntar, cos seus ollos de acibeche, brillantes de ledicia:
-¿e cando o comemos?

Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.