20 Os xogos

20 Os xogos

Capítulo 20 Os xogos

  Os domingos teñen un carácter deportivo na familia de Souto, aínda que os gustos non coinciden.  Ao  tío Pepe gústalle xogar ás cartas ou ao  dominó.  Á media tarde vaise para a taberna.  Se son dous xogan á escoba, se tres ao  subastado; se son catro, ao tute ou á brisca.  A brisca e  o tute, a catro ou man a man, son os máis apasionantes.

A Antón non lle gusta moito xogar con Rosario ao  parchís ou ás damas e  algunha vez ao  chinchón.  Están afeitos a cruzar apostas e   gaña case sempre a muller.  El, para se repoñer trata de xogar ao  axedrez, pero Rosario só lle dá revancha nun daqueles xogos e   volve a gañar.

Como se ve, o deporte no estrato superior da familia, é   máis ben sedentario.

A Henrique váiselle a vida por todo o que sexa fútbol. Xoga en tódolos postos menos de porteiro, aínda que prefire xogar na media ou baixar á defensa.  Como dianteiro tamén lle dá, pois colea ben.  Practica ademais o baloncesto e   é do equipo da Facultade.

Carme, en troques, prefire o balonmán e  a ximnasia.  Ultimamente, cando está na Coruña, aprende a xogar ao  tenis. É  coma un esquiu e   ten uns reflexos de esgrimadora.

Pero o máis activo é  Lelo.  El xoga a todo o que sexa: a policías e  ladróns, ás carreiras, ao  escondite, á estornela, ás bólas e, ¿como non? ao  fútbol.  Cando vén para a casa chega todo sudado e  ás veces esnafrado, pero disposto a volver empezar cando sexa.  As lesións máis importantes recibiunas cando empezou a andar na bicicleta.  Ou o día en que no monte  trataron de amansar entre tres unha besta brava.  Os tres conseguiron botarlle un cordello, os tres conseguiron arrimala ao  muro, os tres montaron..e   aos tres sacáronos da primeira toxeira que atopou o animal.

Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.