21 O mercado

21 O mercado

 O mercado  O outro día, a familia Souto Seoane foi a Santiago, porque dona Rosario se atopaba mal e  don Antón pensou que era ben levala a un especialista. Foron para á casa dos tíos e, como a tía Mercedes ten reuma, Carme quedou de recadeira.  Ir  ao mercado gustáballe pouco, así que decidiu facer un apunte coas cousas necesarias para estes días que van estar en Santiago e  encargalas todas dunha vez.  Védeo aquí:

1/2 kg de cebolas                               6 ducias de ovos
2 pesos de pirixil                              7  litros de leite
2 cabezas de allo                               1 kg de bistés de croca
1 cento de pementos de Padrón        1 coenllo
4 mancheas de grelos                         1 kg de rapantes
10 kg. de patacas                              3  kg de mexillóns
1/2 libra de azucre                            1  kg de peras de auga
1 cuartillo de aceite                          1  kg de pexegos
1 libra e  media de fariña                  1  kg  de cereixas

Ao  chegar á praza, Carme viu tal cantidade de postos que non sabía por onde comenzar.  Ao cabo decidiu ir primeiro á carnicería, onde pediu que lle levasen á casa os recados de carne.  A carniceira recomendoulle uns miolos de vaca, pero Carme acordouse de que a Lelo lle daban noxo e  decidiu non levalos.  Lelo era moi escollido para a comida;  non lle gustaban os miolos, nin o fígado, nin os riles, nin os callos, Pola contra, debecía pola costela, o raxo e  a cachola de porco.

Logo foi  ao posto da verdura e  fixo alí tamén  os recados correspondentes. Ademais, levou algunhas cenorias, fabas, feixóns, nabizas e  un repolo branco para facer o caldo.

No posto do pescado había tranchos, sardiñas, abadexo, e  outros peixes, pero non había rapantes nin mexillóns, así que tivo que pedir un rodaballo e   berberechos.

Ao  saír dos postos do pescado chamárona as mulleres dos ovos:
-Santiña, ¿lévasme unha ducia destes ovos apincarados?
ela acercouse e  mirou os prezos.
-¿A como mos pon?
-Os apincarados a quince pesos, os marelos a doce pesos e  seis reais, estes brancos de pita campeira a oito pesos e  estes de granxa a sete.
-¿A doce pesos e  seis reais os marelos?
-¡Ai nena! ¿E  ti que pensas?  ¡Vaites, vaites coa pequena! ¡mira para ela como axusta!
-A doce pesos e  nin unha  cadela  máis.
-Lévaos, anda, lévaos, que por menos dun peso non imos berrar.  ¿Non me levas este queixo do país? ¡É todo manteiga!
-Non, temos na casa moito leite callado que nos vale de sobremesa.
E foise comprar a froita á señora Hermesinda. Aquel día tiña uvas loureiras, mazás camoesas, pexegos abrideiros, laranxas, limóns, noces, castañas maias, figos... Como non tiña peras de auga nen cereixas, tivo que levar peras de manteiga e  nispros.  Cando xa marchaba lembrouse de que o Lelo lle pedira mel e   levou un tarriño.

Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.