22a Méndez Ferrín

22a Méndez Ferrín

22.1 

Xosé Luís Méndez Ferrín ( Ourense 1938-)  é un dos escritores máis importantes da Galiza de Hoxe, cunhas obras cumes da literatura galega. É  mestre da poesía e do relato, sobre todo os relatos dun mundo máxico, mais tamén cultiva a novela, con exemplos coma Arrabaldo do norte (1964), Retorno a Tagen Ata (1971), Bretaña, Esmeraldina (1987), e  No ventre do silencio (1999).  Na súa poesía, domina o existencialismo e  trata das eternas preguntas do silencio de Deus, e  por qué consente o mal, etc, e mostra unha preocupación constante pola morte.  O pasado sempre está presente na súa obra e os seus contos teñen nostalxia dun tempo pasado.  exemplos da súa producción  lírica son Voce na néboa (1957), Con pólvora e magnolias (1976) e Estirpe (1994). O seguinte texto  vén de Arrabaldo do Norte   ed. Galaxia, Vigo 1964, p. 88.

O doutor olla de arredor e, súpeto, atalla ao  home.
-Imos ver ese reservado.
-Xa lle digo. Non  é posible, doutor Kleines.  Vostede teña en conta.  Eu son novo eiquí. Son forasteiro.
O doutor  olla de redor. Atalla ao home.
-Imos ver ese reservado.
-------
Sobor da grande mesa de trazado perfectamente elíptico, hai dúas grandes cuncas, cheas ata a metade de viño moi escuro,  cáseque completamente negro e de moita densidade.  Darredor das cuncas hai cinco círculos de viño, formados evidentemente polas cuncas ao  descansaren tendo a súa base húmida. Nun curruncho do reservado, a seis metros da grande mesa, está a pequena mesa, baixa, con dous vasos de vidro enriba, dous vasos  cheos ata a metade dun zume intensamente roxo.  As altas paredes do reservado son lisas e brancas, dun branco lixado que tende a marelo.

O doutor Kleines está sentado de xeito que lle dá as costas á parella, mentres o home pode ollalos de frente.  Pode o home ollar de frente á parella pero non o fai.  Ten, eso sí, concentrada a vista no interior da súa cunca, fixos os ollos no viño, fixos os ollos e medio pechados.

Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.