22 A feira

22 A feira

 Rosario e  Carme baixaron antonte  á vila.  Era o día da feira que se fai todos os xoves.  Fóronse dereitas á feira das mulleres, xa que tiñan que comprar allos, unha restra de cebolas, algún repolo para o caldo, un par de queixos e   outra miudaxe.  Como estaban os ovos baratos, compraron tamén catro ducias e  unha rolada de pitos por corenta e  nove pesos.

Nisto viron vir pola praza adiante a Mingos de Xan, que viñera vender un cuxo de sete meses.  Preguntoulle Rosario como lle fora.  El dixo que non moi ben, porque os xateiros fixeran un corpo e houbo que vender polo que eles dixeron.  Botáballe unha perda de cinco mil reais.  Dixo tamén que tiña gana de pasar pola feira dos porcos, pois precisaba dun rancho da  trenla e dous do leite para ir preparando as cebas.  Agora era el a queixarse de que non lle quitaban un peso e había que tratar polo que pedían. Á  desfeita da feira xa virían a el.

Contra das doce atoparon a Marica do Xurxo, que tiña nun paxo media ducia de coellos, tres galos e   unha pela de manteiga todo mesturado.  Un can de palleiro atrelaba a bichería.  Con dolor de corazón vía como unha muller que andaba no trato das nabizas e   dos grelos se dispuña a rematar o lote. ¡Malia a quen a fixo!

Como xa compraran todos os encargos subiron pola feira das vacas.  Non estaba mal.  Vendíanse ben as vacas do leite e mailas da laboura.  Polo contrario, becerros e   xovencas para criar andaban barateiros.  Para os bois ninguén miraba.  Nun recuncho contra o río estaba a feira das bestas onde só tiñan algunha saída os poldros e  os cabalos.  Os machos vendéronse no primeiro golpe da feira aos tratantes de Carballo.

Carme estaba cansa de tanto paponear e   dixo que estaba disposta a almorzar unha ración de polbo cun neto de viño ou un cuartillo de caña, aínda que chegase peneque a cas Souto e   lle berrasen seus pais.  Carme ás veces  évos arroutada.

Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.