23a Casares

23a Casares

I. Carlos Casares

Carlos Casares (Ourense, 1941 - 2002  ) xornalista, profesor, director de editorial Galaxia, director da revista Grial, membro da Real Academia Galega. A súa primeira obra de relatos breves é  Vento ferido (1967), seguida polas novelas, Cambio en tres(1969), Xoguetes pra un tempo prohibido (1975), Ilustrísima (1980), Deus sentado nun sillón azul (1996) entre outras.  Cultiva a biografía, a narrativa  xuvenil, o teatro e unha colección da súa obra xornalística publicouse en 1994 Na marxe de cada día. O seguinte texto é  de  Vento ferido ed Galaxia, Vigo 1967 p 67.

A Tronada   Saíu á porta e mirou para o ceo.  Estaba azul.  Alguén lle preguntou desde dentro:
-¿Que tal fai?
-Inda non se ven nubes- respondeu.
Pero el estaba seguro.  Tiña que vir.  Doíalle unha perna e sentía coma un niño de avésporas no corazón.
-Vas quedar mal.
Meteuse para dentro e pensou: "Non vou quedar mal, non".  Sentouse nun banco e   pediu outro vaso.  As moscas facían un ruído coma de rezos.  El lembraba unha tronada do ano corenta.  Non se colleitara nin para a semente.  Fora tamén por este tempo.  E viñera igual: unha dor na perna esquerda e   nin cacho de nubes.  O ceo era azul coma hoxe.  Despois fóronse xuntando uns nubarróns negros por riba do Pico do Mediodía ata que comenzou aquel ruído xordo todo seguido, que durou deica a noite ben entrada.  Non quedara nada.
O taberneiro di:  "Virá con pedra"
-Virá.
-Non conviña.
Non tiña ganas de falar.  Agora doíalle tamén a cabeza.  Dentro de dúas ou tres horas - sabíao ben-, doeríalle a caluga.  Entón non lle quedaría máis remedio que rirarse debaixo do alpendre, sobre da herba, a se emborcallar coma un can adoecido.  E aguantar así toda a noite, sen pechar ollo, para amencer á mañá seguinte coas pálpebras inchadas e  a frente adormecida.

Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.