23 O tempo

23 O tempo

  O tempo  Hai xa unha semana que Lelo está contento.  Veu a neve.  Un luns de Nadal, sobre do día, empezou a nevar.  Cairon falopas e  falopas.  Ao abrir do día, Vilanova estaba branquexada.  Lelo foi á escola e   ás doce acabouna.  As bólas cruzaron o aire a todos os xeitos e   moitas deron onde debían dar.  O frío escorrentouse axiña.

En cambio, ao  avó despois da boa outonía de San Martiño, anubróuselle o ánimo, e  dispúxose a soportar unha invernía de auga e   xeada.  Non choveu nin xeou, pero nevou abondo.  O tío Pepe arrechegouse á beira do lume a agardar a primavera. Nin Nadal nin febreiro, co seu antroido, lle prestaban unha migalla.

Tampouco lle ía moi aló o mal tempo ao médico.  As friaxes traían sempre enfermos; e   ter que saír ao intemperie noite tras noite deixábao tan aterecido coma un carambelo.

A Rosario dáballe tanto xullo coma agosto ou marzo.  Dicía sempre, fose mércores, xoves ou domingo, que estaba atafegada de traballo.  Carme saltáballe que de verán se podía ir á praia, gozar do sol e poñerse moura coma un carbón.  A Henrique, ecléctico, todo lle daba igual.  Nunha noite clara, sen vento, coas estrelas alumeando nas pozas das corredoiras ao  remate dunha troula, viña tan ledo coma á luz do luar do Ano Vello, despois de lle facer as beiras a unha rapaza xeitosa.  Carme di que a lúa o aparva, que perde o norte e que o mellor é  buscalo ao abrigo dunha taberna, ao  quente da lareira.

Pero, aínda que non o digan, san Xoán e Santiago, coas súas tardes longas, cos solpores mornos e  coa caída da noite fresca, son do agrado de todos. Por algo é  o bo tempo.

Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.