24a Suárez

24a Suárez

O  texto é de   Marcial Suárez, O acomodador e outras narracións  ed. Galaxia, Vigo 1969, p 231

No meu pobo non hai máis ca un cine. Agora chega ben.  Hai anos, cando en Allariz aínda non había cine sonoro, chegaba e sobraba.  Nos primeiros tempos soamente  había funcións os domingos e  días santos.  Despois foinas habendo tamén os xoves e   os días de feira, ou sexa, o día primeiro e   o quince de cada mes.
Hoxe as cousas seguen máis ou menos igual.  Os días de cine anúnciano cun tablón cheo de 'cuadros' da cinta, colgado da parede, na rúa da Cruz, para que a xente saiba de que vai.  Despois, á tardiña, unha media hora antes da función, escomenza a soar un timbre que xa non para deica que van proxe  ctadas dúas 'partes' da cinta.
Como o cine está cáseque enfrente da igrexa de Santiago, entón había quen pensaba que o timbre era cousa do demo, para facerlles competencia ás campás que, máis ou menos á mesma hora, tocaban ao Rosario. e  non era un rin-rin entrecortado e  traballoso e   renqueante: era un timbrazo todo seguidiño, que escomenzaba e    non paraba deica soar unha hora arreo.
Hoxe, namentres dura o timbrazo do cine de Allariz, calquera astronauta lle pode pegar unha volta ao mundo.  Se hai anos non ocurría así, a culpa era de Rusia e   dos Estados Unidos que aínda non tiñan astronautas, cando o cine do meu pobo xa estaba farto de ter timbre.
E   entradas non había máis ca de dúas clases: as butacas, abaixo, e  o galiñeiro arriba.  Agora os prezos subiron, pero entón unha butaca costaba doce cadelas, e   unha entrada de galiñeiro, seis: ao galiñeiro somentes iámos os rapaces, pobres ou ricos, e   os homes probes.  Ás entradas de doce cadelas ían as mulleres, ricas ou probes, e  os homes ricos.
O galiñeiro cáseque sempre  se enchía, pero as butacas non. Especialmente os xoves, o patio de butacas estaba pouco menos que valdeiro: dez ou doce parellas de 'señoritos', coas súas mozas que, polo xeral, eran 'señoritas' tamén. Fabas contadas.

Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.