24 Os espectaculos

24 Os espectaculos

  Os espectáculos  Este ano ao crego metéuselle na cabeza que os viciños de Vilanova tiñan que cultivar o espírito, así que colleu a tódolos rapaces do pobo e   empezou a organizar uns cantos grupos.
Uns, os que mellor cantaban, prepararon unha sorte de comedia musical de segundo orde, que Carme ensaiaba tamén na casa mentres fregaba a louza, con gran desesperación por parte de don Antón, que non facía máis ca rosmar: "¡ornea o burro, sinal de bo tempo!".
Outros preparaban "Os vellos non deben de namorarse", unha peza de teatro de Castelao, escollida por Henrique.  Un grupo de nenas estaba ensaiando un ballet que élas chamaban surrealista.
Os que o estaban pasando peor eran os rapaciños do tempo de Lelo, que tiñan que ensaiar poesías. Lelo rabeaba moito, porque lle tocara recitar unha de Noriega Varela, sobre a Virxe, que dicía:

No cimbro daquela serra
está un pozo de auga fría
onde se lavan os anxos
e maila Virxe María.
San Vicente pequeniño
anda no monte co gando,
a Virxe de Pastoriza
ándallo arrecadando.
A Virxe de Pastoriza
ten un navío no mar;
¿quen llo deu? ¿quen llo daría?,
quen llo deu, púidollo dar.
A Virxe de Pastoriza
ben a vin pola vidreira,
algo moreniña queda
por causa do sol que a queima.

El protestara moito, pois coidaba que iso era para nenas, que os rapaces non valían para facer esas trangalladas.

O día das representacións todo era nerviosismo no pobo.  Chegou contratado polo crego, un teatro de marionetas coas hist?rietas de "Barriga Verde", e   algúns ata pensaban que ía vir a televisión.  Esta non apareceu, gracias a Deus, pois agás "Barriga Verde" e  as outras marionetas, os mais lucíronse pouco.

Carme soltou máis galos ca sete galiñeiros. Henrique e  os do teatro tiveron un decorado tan roña que non lles luciu nada a obra e  Lelo trabucouse unha chea de veces.

Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.