2 A casa

2 A casa

Lectura     A Casa  A casa dos de Souto é coma outras da aldea.  Ten dous pisos:  o baixo e mailo sobrado.  No baixo está a cociña; no sobrado os cuartos ou habitacións, o cuarto de baño e un corredor.  Os cuartos son: o comedor, o cuarto de estar e os cuartos de dormir.

Os pais, Antón e Rosario, dormen na mellor habitación.  Ten unha porta que dá á galería, onde no verán dá o sol todo o día.  Dentro hai unha cama de matrimonio cunha grande sobrecama que xa fora dos avós.  As sabas e mailo cabezal bordounos Rosario antes de casaren.  A cabeceira da cama, na parede, hai un cuadriño coa figura da Virxe, e unha alfombra aos pés.  Unha consola con espello e  un armario acaban de compoñer a moblaxe da habitación.  O piso e mailo teito son de madeira.

Carme e o tío Pepe teñen cadanseu cuarto.  Henrique e Lelo dormen na mesma habitación.  Lelo é sempre o primeiro dos irmáns en erguerse, porque, como el di, se entra Carme antes no cuarto de baño, tería que marchar á escola sen se lavar; e como non fai mais que estar diante do lavado mirándose no espello!.

No cuarto de estar é onde a familia pasa os seráns.  Antes facíanse na cociña, ao redor da lareira, pero desque puxeron a televisiçon, soben ao sobrado despois da cea.  Nesta habitación hai tamén,  amais das cadeiras de brazos e  as  cadeiras, unha mesa redonda, a librería de don Antón con algúns libros (os mais deles están no seu despacho), unha lámpada de pé    e o reloxo de parede.

A consulta e mailo despacho están xuntos.  A Lelo non lle deixan pasar a porta destas habitacións, para que non rompa as xiringas, termómetros e outros aparatos de seu pai.  Unha vez, cando era máis pequeno, conseguiu entrar sen que o visen e encheu tódolos pasos da escaleira coas menciñas que ía sacando dos armarios.  A nai castigouno toda a tarde ás escuras no faiado polo que fixera.  El di que daquela era pequeno, pero que agora xa pode entrar, porque é máis grande.

Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.