3 Anxel Fole

3 Anxel Fole

III Anxel Fole

Ánxel Fole (Lugo, 1903 -1986) Premio Día das letras galegas 1997,  xornalista, escritor, cultiva a narrativa, o relato breve e o teatro. A súa obra segue as correntes tradicionais da literatura galega, mais cunha temática máxica. A súa primeira novela é A lus do candil (1952),  foi seguida por Terra brava (1955), Pauto do demo (1958), unha peza teatral, e as coleccións de relatos breves- Contos da néboa (1973) e Hist?rias que ninguén cre (1985). O seguinte vén  de A lús do Candil  Galaxia, Vigo 1968, p. 140

A cociña era a mellor do "pueblo".  Mellor dito, había dúas cociñas.  Unha de labor, coa súa lareira e o seu gran caldeiro de cobre para cocer as patacas e os nabos aos ranchos da ceba e da cría.  Alí se facían tamén  os magostos polo castañal, asando as castañas nun tambor.  A outra cociña servía de comedor para os criados e para os obreiros.  Non tiña lareira, senón unha gran cociña de ferro arredada da parede e rodeada de escanos, coa súa mesa de mármore  branco.  As paredes lucían unha banda de azulexos roxos e brancos.  Alí ceaba tamén  o señor cura polas noites de inverno (...).

Ás dez menos cuarto puxémonos a cear.  E boa garula tiñamo-los dous, pois a tarde fora fría, e un non comera bocado dende o xantar...  Bon caldo de repolo lugués; xamón cru, ben curado;  logo, as troitas fritidas con unto; despois, queixo do Cebreiro, moi gracioso, cheo de cocos.  E por remate, un flan, que lle saíu moi ben á ama.  O viño, lixeiro, da terra de Lemos, bebíase sen sentir.  e  Florinda entraba e  saía silandeira.  As súas pisadas facían estremecer o piso no fondo silencio noitébrego.  O tic-tac do reloxo, a voz calmosa do crego.Provide content here

Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.