3 A cociña

3 A cociña

Lectura    A COCIÑA   Toda a familia está reunida na cociña.  E'   onde máis quentiño se está.  Aínda non acabaron de cear.  O Lelo fala hoxe polos cóbados:
-Cando estou sentado no banco non me chegan os pés  ao piso. ¿Como facedes vós?
O tío Pepe sorriu pola sinxeleza do neno, e  dixo: -Aínda tes que comer moito caldiño, Lelo.  E   isto non é o piso; o da cociña chámase chan.
-Piso é   o de madeira,  ¿nonsi, avó? - dixo Carme.
-E' , neniña.  Nas cociñas galegas hai moitas cousas que están a perderse.  Antes, as comidas facíanse na lareira.  Claro que non había cociñas económicas nin de gas.  E  cando a cheminea non tiraba, andabamos todos afumados, coma se fosemos chourizos.
- ¿E como se chama esa cadea da que colga o pote? - preguntou Henrique, que estaba collendo leña do unllar para atizar o lume.
-Iso é   a gramalleira.  e  a armazón que sostén todo é   a burra.
Mentres os mais falaban,Rosario e Carme estaban xa no vertedeiro, fregando.  Como a auga que saía pola billa estaba moi fría, tiñan unha tina con auga quente.  Nela iban metendo pratos, fontes, culleres, garfos, vasos e  coitelos.  Unha frotadiña con xabrón e  estropallo ou con deterxente, e, despois de ben aclarados, ao escorredoiro.  Máis tarde habería que colocalos no alzadeiro; as potas, cazolas, tixolas e  pucheiros na lacena, e  as cuncas, no cunqueiro.  A conversa da mesa estaba tamén para rematar:
- ... o que máis me gustaba a min era sacar o pan do forno coa pa. Tiñamos que telo sempre ben varridiño co varredoiro para que non manchase.  ¡Que tempos!
Ergueuse da mesa.  Coas días mans na cambota e  fitando o lume, deixaba que as muxicas lle saltasen aos pantalóns.  Carme quitaba a borralla para botala na borralleira.  A ela gustáballe mellor aquela lareira ca todas as cociñas de gas do mundo.

Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.