4 Valladares Núñez

4 Valladares Núñez

4 TEXTO LITERARIO A Filla Espúrea de Valladares Núñez

Marcial Valladares Núñez ( Vilancosta, 1821- Berres 1903) Premio Día das letras galegas 1970 escribiu unha gramática da lingua galega en 1892,  que non se publicou ata 1970, e un diccionario galego-castelán publicado en 1884.  Entre as súas obras literarias destacan Cantigueiro popular (1870) e   Maxina ou a filla espúrea (1880),obras, en certa medida,   fie'is  á  linguaxe do pobo, inda que o autor  rexeita  algunhas características  da fonética popular coma a gheada e o seseo total.

Otilia, a máis nova das señoras, rompía a marcha despois de Lelo.  Nena de dezaseis anos, esbelta coma unha abrotia era de cara longuiña, branco-sonrosada coma a  margarida das herbeiras; ollos negros e lucentes coma acibeche; nariz delgadiño, cal o pico da lavandeira, ou caudatrémula, e a súa graciosa boca semellante ao gomo da viña que empeza a abrir e amostra o tenro racimiño, amostraba tame'n filas iguais de esmaltados dentes a través de vermellos beizos.  (...) Seguía logo nun cabalo tordo a nai de Otilia, fachoeira señora duns corenta anos, seria e  algo picosa de vexigas, pero de fisionomía nada vulgar, e con trazas de bonachona.  (...) Por último, noutra fogosa mula ía a doncela  Adria, moza arrogante de trinta abrís e ollos gacios, fresca coma un poexo, alegre cal mañá de verán. Un paniño de seda, color limón, adornaba a súa cabeza, cuberta de pelo negro, coma unha amora, posto en rodetes de anchos cadrelos, e consistía o seu traxe nunha bata de carreiros azuis en fondo branco.


Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.