5 Casado Nieto

5 Casado Nieto

TEXTO LITERARIO A menciña de Casado Nieto

Manuel Casado Nieto escribiu obras de narrativa e de poesía. Co seu fillo Xoán Manuel publicou unha mostra antolóxica de poetas contemporáneos/escolma  e versión galega 1981, que contén traduccións de varios poemas ao galego. Entre a súa bibliografía destacan  Orto (1941); Orballo Ispido (1955); Carta de lonxe o corazón do tempo (1969); Contos que non son contos (1969, 1978),  0,1,2,3,4 ...Trancos da vida do Braisiño (1970); A boda do Reimundo e outras verídicas historias (1980) e Refendas de vida  e  morte (1983). O texto vén de  Contos que non son contos. ed. Castrelos, Vigo 1969, p. 18,19.

-¿Que? ¿Sénteste mellor, raíña?  Sandarás axiña.  Isto non é  nada, xa o dixo o médico.  Hala, acouga. Durme unha miga, filla.
A filla ardía coa febre. Arfaba.
O pai axeitoulle o embozo e deulle unhas palmadiñas nas meixelas.
-Hala...
Despois saiu da habitación e foise sentar nun escano na outra banda da casa.  Esbarábanlle as bágoas paseniñamente pola faciana.
Chegou o me'dico e foise dereito a carón da doente.  Ao cabo dun pouquichiño veu procurar  ao  pai.
-¡Don Néstor!  ¿Non está don Néstor?
-Estou aquí.  Entre, señor doutor. Séntese.
O médico sentouse e  ficou  calado.  O pai calaba tamén.  Pasaron minutos.
-Señor doutor:  ¿Pódese facer algunha cousa?  Fale sin requilorios, pídollo eu.
O pai preguntaba con voz fonda  e   tremente.  O médico respostoulle con ar de desalento:
-Coido que si, don Néstor, coido que algún remedio haberá.. Pero eu non teño máis medios cás que teño.  Cumprirá chamar a algúns colegas de Ourense ou de Santiago..., se lle parece, digo.
-Chame a quen sexa, chame ao  mellor médico do mundo.  Por cartos que non quede. Na súa man o deixo.  Non se demore, señor doutor.
-Vou logo  ao  teléfono.

Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.