5 A saúde

5 A saúde

Capítulo V  A saúde

  A saúde  Hoxe imos asistir a algunha das consultas do doutor Antón.  Hai, duns días para acó, algo de andazo pola parroquia  e  os enfermos amontóanse na sala de espera do consultorio.  Vexamos a conversa que ten coa tía Rosa do Medio.
-¿Que a trae logo por aquí, tía Rosa?
-Le'volle xa unha tempadiña que me sinto moi frouxa.  Cun feixiño de nada que colla quedo sen folgos.
-¿E come ben?
-Pois ata lle teño medio aborrecida a comida.
-¿e ten dores?
-Algo nas costas e nos cadrís. Pero iso non lle e'  o peor.  O que máis me amola e'  que durmo pouco.  Metade da noite pásolla sen acougo dando voltas ao corpo e   ao maxín.  Se non fose porque ía pensar que estou tola contáballe as miñas matinacións.
-Igual ca vostede estívolle a tía Pepa do Roxo e ¿que'n llo coñece hoxe?  Está coma un buxo.  Hame de tomar estas menciñas que lle vou dar e  volva para a semana que ve'n.

A tía Rosa marchou para a casiña e  de paso mercou na botica os remedios que lle receitara o doutor.  Segundo dicían os prospectos, aquilo curaba todo.  Pero, como dicía a tía Rosa: "Eses papeliños teñen man do que lles poñen".  Ela ao cabo foi a mellor ao  pouco de empezar a seguir o re'xime.

Hoxe, outro dos clientes do doutor e'  Pedriño do Redondo, un neno de catorce anos que sempre foi un pouco delicado.  Calquera peleirada que se amaña, por pouco collediza que sexa, apáñao a el na primeira.  ¡Tan noviño como e'   e o que leva sufrido!.  Se non lle acoden a tempo  xa llelo lambe a toseferina aos dous anos, tan grandísimos eran os ataques que lle daban.  Tame'n lle foi mal co xarampón e' coas vexigas.  Chegou ata a consulta andando polo seu pe', pero veu con el o pai que e'   o que fala co me'dico.

-A ver logo que lle pasa a este rapazolo.

-Quéixase desde onte que lle doe algo a barriga e di que sente apertamento no peito.  Febre polo de agora non ten.  Coidamos que será debido á catarreira que anda por aí.  Pasa a noite nunha tose e  ten que facer de corpo seis ou sete veces ao día.  De tanto tusir ata lle está saíndo unha carraspeira que lle ten tomada a voz.

-Xa.  Este neno o que ten e'  un catarro que hai que coidar moito para que non acabe en algo grave.  Ten que tomar este xarope que lle vou dar.  Con el hanlle pasar esas xandras de tose e  halle de ir aclarando a voz.  Estes supositorios e  estas inxeccións hanlle facer ben.   A dor de barriga e'  polas lombrigas.  Ten que tomar estas pílulas que lle receito, tres veces ao día.  E que garde cama por algún tempo.

Pedriño e  mailo pai despídense do doutor e, con eles, tame'n no's.  Alí queda don Antón loitando coa doenza.  Agora a xente vai por un nada cabo el.  Pero aínda da miña acordanza botábase man por menos de nada de remedios caseiros que facían máis mal que  ben.  Eu mesmo teño botado cascas de cebola con aceite aos furunchos para amolentarlos, tea de araña nas cortaduras,  dado fomento para as espiñoadas, e  ventosas para o reuma.  En Vilanova queda aínda quen queima os tirizo's con pallas e   quen cura o coxo con lixivia de cinza, e  quen levanta a paletilla con oracións.  Eu, polo que poida ser, non creo nin deixo.

Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.