6 Neira Vilas

6 Neira Vilas

6 Texto literario: Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas


Xosé Neira Vilas ( Gres, 1928 -  ) tivo unha nenez típica dun rapaz campesiño da época posguerra- unha vida coma a de Balbino, o rapaz protagonista de Memorias dun neno labrego (1961), de que vén o seguinte texto (ed. do Castro, Coruña, 1968, p 70).  Traballou na terra e estudiou contabilidade, mais emigrou a Buenos Aires en 1949, e a Cuba en 1961. Escribiu as súas obras fóra de Galicia, pero nunha linguaxe  auténtica do pobo, que trata de temas coma o de xentes marxinadas, víctimas dunha opresión inxusta, ou  o da emigración. Alén de  Memorias dun neno labrego , a obra en galego máis lida de todos os tempos con máis de cen mil exemplos publicados, escribiu  Xente no rodicio(1965),  Historias de emigrantes (1968), entre outros moitos libros de relatos, poesía, testemuñas, traduccións, e colaboracións nuns xornais actuais.

Algúns viciños tíñanme preguntado por que deixara de ir á escola.
-Tanto como che gustaba ler.
-Tan boa memoria que tiñas.
-Xa deprendín todo.  Non hai máis para onde ir - dicíalles eu en xoldra para que calasen.
Hai cousas que non entendo.  Tal vez teña que medrar para entendelas.  Cousas que van aparecendo en min, que vou sentindo segundo pasa o tempo.  Non sei por que, pero dáme vergoña falar delas na casa.
Lémbrome do día que cheguei por primeira vez á escola.  Levoume miña nai pola man.  Don Alfonso, o mestre, apuntou  nun papel o meu nome, fóxome varias preguntas e sentoume nun banco con outros dous rapaces.
Eu sabía algunhas cousas.  Coñecía a Folla dos cristos e sumaba.  Esas pequenas ventaxas gustáronlle a don Afonso, quen me puxo a estudiar de seguida.  Non tardei en pasarlles diante a todos (...)
É  grande a escola, pero está case sempre baldeira.  Van poucos rapaces.  Ás veces non vai ninguén.  "Con que adeprendan a poñer o seu nome, para fozar na terra abóndalles", di a xente.
Don Afonso era ruín.  Explicaba pouco e  zoscaba arreo.  ¡Que maneira de mallar   e   turrarnos das orellas!  A madriña di que "a letra con sangue entra", ou sexa, que dá por ben feito o noso amolecemento a xostregadas.
Moitos rapaces lataban; non ían á escola porque tiñan medo.  e porque non entendían o falar de don Afonso.  Disque  viñera da Andalucáa.  A min tamén me costaba entendelo.
Bulía moito e botaba as palabras polo atallo.  Para máis, era roufeño.  El tampouco entendía a nosa fala.  Por iso se erguía das cuñas, alporizado, e    berraba coma se tivera o boubón.

Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.