6 A escola

6 A escola

A escola    Lelo, mal que ben, vai tódolos días á escola, aínda que só pensa en xogar.  A mestra pono sempre na primeira fila, nos pupitres de diante, cos que xa empezan a ler de seguido.  Na primeira hora, Lelo anda esperto a medias, pois lávase coma os gatos.  Non fai senón ollar para os mapas, sacar cadernos da carteira, pasar follas, pintar con bolígrafo algún moneco e, cando lle peta, repasa a lección do día.  Aprovéitase que a esta hora a mestra corrixe os deberes.

Quere ser médico pero as matemáticas non se dan aínda que sumar, restar e multiplicar xa sabe.  En cambio as contas de dividir non as fai ben, porque aínda está por dúas cifras.  De todos os xeitos, para os seus anos está moi adiantado.

Algún dos compañeiros non dá pancada, e  cando escribe ao ditado, non fai máis ca esgallar a pluma, coller tiza no encerado para secar borróns ou ver os santos dos diccionarios.  O mestre que tiveran castigábaos moitas veces porque lataban, pero nin por esas fixo bo deles.

Polas once xa estaba Lelo aleuto.  Entón estudiaba a Xeografía e a Historia, as Ciencias Naturais ou a Doutrina, que tocaba aos sábados, e  aprendíallela o señor abade.  O Lelo, non é   que fose un sabichón, pero aproveitaba ben o tempo.

Ás once, os rapaces saían ao recreo e   xogaban ao  fútbol case sempre; mentres, as cativas preferían o escondite ou xogar ás casas.  De vez en cando había algunha rifa, e  o acuseta de sempre íase chivar á mestra para lle facer o conto.

Na derradeira hora todo o mundo fai problemas.  Os máis grandes, da regra de tres, de interese ou de raíz cuadrada; en canto lles dá o resultado vanse indo para as casas.  Para elas só  levan algún exercicio de redacción ou as faltas que han de escribir vinte veces.  A Lelo isto último arrabéao e  faille rinchar os dentes, anque non o diga.

Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.