7 Rafael Dieste

7 Rafael Dieste

7 TEXTO LITERARIO O vello que quería ver o tren de Rafael Dieste, Dos Arquivos do Trasno

Rafael Dieste (Rianxo, 1899 -  Santiago de Compostela,1981), Premio Día das Letras Galegas 1995, profesor, escritor e  xornalista, dende a súa mocidade colabora con varias publicacións coma escritor e redactor.  En 1926  publica Dos arquivos do trasno, unha colección que empezou con oito relatos breves, aos que ía engadindo ao longo da súa vida ata chegar a unha edición de 20 relatos. Ingresa no Seminario de Estudios Galegos en 1927 coa lectura dunha peza de teatro que trata de temas do mar, A fiestra baldeira,  que foi estreada en 1935. Colabora con moitas produccións antifascitas durante a Guerra Civil e en 1939 exíliase en Buenos Aires. É  lector  de lingua española en Cambridge de 1949 - 1952, mais en 1961 volve definitivamente  a Galicia.  Entra na Real Academia Galega en 1970.  En 1981 publica  Antre a terra e o ceo, unha antoloxía  das súas prosas xornalísticas. O seguinte texto é do Dos Arquivos do Trasno  ed. Galaxia, Vigo 1999, p. 51 - 53.

Eran de aló da montaña. .. Dunha desas aldeas de nome bravo e silvestre que repousan perdidas entre calados cumios. ¡Longa viaxe fixeran -  no rexo carro de bois, que rinchaba, xemía e daba tombos polos agres camiños montesíos- para lle dar cumprimento ao antollo do vello!

Moito tempo tivera segredo aquel desexo. Un día, coa mimosa cortedade dun neno que pide unha lambetada posta, coma nun altar, nos máis altos andeis do almario, o avó, tatexou o seu capricho. El nunca vira o tren. El non quería morrer sen ver o tren.  A filla e o xenro riron boamente daquela tolería.  O pobre do vello, non tiña volta, estaba xa un pouquiño lelo.  ¡Pasaba a vía tan lonxe! E ademais, ¿que demos lle importaba aos seus anos ver o tren?  En troques, o neto púxose da parte do avó.  E petou testarudo cos zoquños no chan.  ¡Eu quero ver o tren!  ¡Eu quero ver o tren!

¡Aló viña xa o tren, unha riola de monstruos ben mandados, co alteiro capitán de ferro ao  frente!  ¡Medraba, medraba!

Salaios de condanado, sichos brancos, topadas, trasacordos, e de seguida todo ficou en gran silencio diante dos ollos aglaiados dun labrego vello e  dun neno que aquel día estreara uns zoquiños novos.  Foi só un pequeno intre de repouso.  Non baixou ningún viaxeiro. Cáseque ninguén asomou ás ventaniñas.  Subiron moi á pre'sa nun coche de terceira dúas mulleres atrancadas de cestos, máis torpes canto máis espavorecidas polo apremio.  O tren parecía sufrir a impertinencia das moitas cortesías cando se está con présa.  e fuxiu de novo, cheo de indiferencia, como para non se lembrar máis do pobre apeadeiro apodrecido.

Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.