7 A viaxe

7 A viaxe

   Lectura    Unha viaxe   Hoxe pola mañá cediño ergueuse Carme para ir á Coruña.  Ten alí unha amiga e  vaina ver para que lle deixe uns temas de oposicións.  Tivo que ir primeiro á vila e alí coller o tren.  Cando baixou do coche de liña foise para a estación sacar o billete.  Non tivo que gardar vez pois era cedo e en canto abriron a taquilla e sacou o billete foise á cantina tomar un café con leite.  Polas vías andaban ferroviarios traballando.

Ás dez en punto veu o ferrobús, pero no puido saír;  segundo dicían no vagón, tiña que agarda-lo cruce co expreso.  Pasou bruando sen se deter; case ao mesmo tempo, o xefe de estación déulle-la saída.  Ían poucos naquel vagón, e non lle deron moito traballo ao revisor cando pasou a picar os  billetes.  Cruzáronse máis adiante cun correo e cun automotor e,  sen máis novidades, chegaron á Coruña.

A viaxe de volta foi máis rápido, pois fíxoa nun coche de liña que non tiña moitas paradas.  Tocoulle un asento con xanela e lonxe da porta.  O cobrador andaba atafegado dando billetes e, de cando en vez, tiñase que subir ao  escadín para dar algún vulto dos que ían enriba do coche.  A estrada era boa, asfaltada, menos un cacho en que estaban os lagoeiros amañando foxos, uns quilómetros antes de chegar á vila.

¿Non é  verdade que viaxes así fan ferver o  sangue a un santo?

Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.