8  Vicente Risco

8 Vicente Risco

8  Vicente Risco

Vicente Risco ( Ourense, 1884- 1963), Premio Día das letras galegas, 1981, etnógrafo, creou a revista Nós en 1920 e  cun grupo de científicos, coma Florentino Cuevillas e  Ramón Otero Pedrayo, de formación europea, definiron as  bases teóricas do galeguismo, formando o que se chama  a xeración Nós.  Risco cultivou , amais das  súas obras etnógrafas, a prosa e  o periodismo.  Algunhas obras del son:  Do caso que lle aconteceu ao Doutor Alveiros (1919), Teoría do nacionalismo galego (1920), O porco de pé (1928),  O bufón de EL Rei (1928),  Mitteleuropa (1934). O seguinte texto vén de O porco de pé ed. Nós, A Coruña 1928, p 76-77.

Faltan nesta lista o arqueólogo, o sicólogo, e  exiptólogo, o xeólogo o astrólogo, o etnólogo, o endocrinólogo, o minerólogo, o asiriólogo, o fisiólogo, o lexicólogo, o biólogo, o paidólogo, o bacteriólogo, o frenólogo, o ontólogo, o hitólogo, o otorrinolaringólogo, o epistemólogo, o bacteriólogo, o fenomenólogo, o sicopatólogo, o radiólogo, o odontólogo o zoólogo, o paleontólogo, e  o teratólogo.

Estes todos e  os outros do principio, do medio e  da fin da lista, eran os sobrevivintes do pasado, pálidas pantasmas doutro tempo, ánimas en pena, cazadores de musarañas, ollando para os biosbardos e  papando a mosca coma pasmóns, lacazáns respetables precisos coma os gatos durmiñentos que fan a rosca nos sofás das solteiras vellas e  beatas, e  que soñaban que estaban criando o Futuro, cando o que facían era estar esquecendo a fala dos vivintes que xa non lles dan tino.

Isto era o que sabía e  calaba o Dr. Alveiros, namentres o Aser das Airas explicaba:

-Así como hoxe os fillos dos antigos señores - os fidalgos- serven aos novos señores - os tendeiros- mailos fillos dos antigos e  dos novos señores han servir  aos señores do día aquel - os proletarios-.

Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.