8 Oficios e profesións

8 Oficios e profesións

Capítulo 8:  Oficios e  profesións
I.  Lectura: Oficios e  profesións

II LECTURA   oficios e  profesións Na casa de Souto houbo obra aló por maio.  O ano pasado choveulles nela e hogano non queren pasar unha invernía semellante. 
-Como hai que facer obra, -dixo don Antón- ímoslle dar unha volta a todo.
-Ás casas vellas non che lles van nada ben as reformas- sentenciou dona Rosario-. Se me fas caso a min, facemos unha casa nova onde tiñámos a eira, e   deixamos esta.  Ademais, ¿onde nos metemos mentres tanto?
Don Antón non oíu ás xordas.  Ao  outro día marchou á Coruña para falar cun arquitecto, amigo del, que lle fixera os planos, e  de paso saber dun constructor de confianza que traballase a conciencia.
-Diso hai pouco- díxolle o arquitecto-. Pero sendo para un amigo...Fala con "Constuccións Roxo".  Coñezo eu o enxeñeiro asesor e o aparellador.  Son xente preparada.  Os materiais que usan son de primeira.
De alí  a poucos días puxéronlle os alicerces.  Nunhas  semanas estaban as paredes rematadas.  Os canteiros fixeran un traballo lúcido.
Pero antes de ver a casa cuberta inda pasaron uns días.  Como non hai serrarías mecánicas preto de Vilanova, tiveron que chamar uns serradores portugueses que andaban por alí, que usaban serra de man, e  levoulles moitos días labrar a madeira.
Mentres tanto, os albañís ían traballando por dentro.  Levantaban tabiques, daban masas, e  colocaban a baldosa e o azulexo.  Tras deles viñan o electricista e   o fontaneiro, instalando luz e  auga.
Don Antón viña de cada pouco pola obra.  Sempre lle gustaba botar unhas parrafadas cos oficiais.
-Esta obra dáme máis labor- dicía-, aínda non poño unha pedra, cá mesma consulta.  Que se notario, que se rexistrador, que se darte de alta nunha oficina, que se de baixa noutra.  e non podes pasar por menos, se non, cando te descoidas, tes aquí un alguacil cun oficio do alcalde, ou a parella da guardia civil con orde do xuíz de que se hai que presentar no xulgado. ¡Dou ao demo tanta lei e  quen a inventa!
Con papeis ou sen eles, a casa estaba case acabada.  Faltaban as portas pero xa estaban os carpinteiros con elas entre mans.
-Polo San Mateo ten a chave na man- dicíalle o constructor-.
Como queira que a casa se acabou para o San Mateo, don Antón quíxolle facer un ramo por todo o alto.  Estaba moi obrigado dos viciños de Vilanova e quixo facer unha festa na que participasen todos.
-Quero que sexa unha festa de pote- dixo-. A gaita soa non farta.
E  así foi.  Encargoulle ao  panadeiro unha chea de empanadas, e mandoulle á polbeira cocer unha caldeirada de polbo.  O tendeiro de Vilanova puxo o viño.
Naturalmente, non faltou o gaiteiro, que en festas así   é  obrigado. Abofé  que repenicaba ben.  Facía bailar a un morto.  e, se non, que o diga o muiñeiro, que non parou de valsear coa costureira.  Era unha risa.  Tamén se encheron de bailar o veterinario e  a boticaria, o xastre e  a lavandeira, o zapateiro e   a tecelá, o ferreiro e  a leiteira.  E  non bailou o señor abade por aquilo da coroa.

Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.