9 Recollido do Pobo

9 Recollido do Pobo

9.1  Texto literario: As perdices do convite , Recollido do Pobo  polo Centro de Estudios Fingoy en Saviñao, no libro da caza, edicións Castrelos, Vigo 2a edición 1972

Saiu un ferreiro un día de caza e matou dúas perdices.  Cando viña de volta para a casa encontrouse co señor cura da parroquia e díxolle si llas vendía.  O ferreiro contestoulle que non.  O que lle podía facer era invitalo a comelas, si lle ti´ña  unha misa;  despois tamén lle tiña a misa pola almiña dos difuntos da casa.  Cando a muller tiña as perdices arregladas chegou á cociña unha comadre, e  díxolle:
-Comadriña,  ¿que ten no pote que  ole tan ben?
- ¿E    que hei de ter?  Caldo de verzas con unto vello, e  por iso cheira tan ben.
A outra non se conformou e destapou o pote.  Ao  ver que eran perdices díxolle que debían probalas para saber si estaban boas.
-Non pode ser, porque vén o señor abade axudar a comelas.
-Probámolas, comadriña, que lles han de chegar de abondo.
Cando acabaron unha, como sabía ben, comeron a outra que quedaba.
Ao que marchou a comadre, chegou o home da misa e  a muller púxose a chorar.  O home preguntoulle por que choraba.
-Ai, hom, ¡como non hei de chorar!  Na casa dun ferreiro, e nin sequera temos un coitelo para poñer na mesa!
-Pois non chores, muller, que mentras chega o señor cura vou  á forxa facer dous ou tres.
Dalí  ao  pouco chegou o señor cura, e  a muller púxose outra vez a chorar, e  preguntoulle a causa.
-¡Ai, probe de min, como non hei de chorar, que o meu home debeuse de volver tolo, pois díxome que ía á  forxa facer un coitelo para lle cortar a vostede as orellas: así que ao  mellor que se marche pronto antes de que veña el!
O cura saiu para fo'ra e descalzouse para correr máis. Cando chegou o home a muller seguía chorando e  díxolle ao  home que viñera o cura e  que se marchara coas perdices para a casa.
O ferreiro saiu correndo para pillar  ao  cura  e  cando o viu berroulle:
-Deixeme unha sequera, señor.
-¡Nin unha nin dúas!  As miñas orelliñas non son para vós.

Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.