IV. O nome e o xénero

4.1 O xénero

4.1.1. O masculino en galego

o cal : óxido de calcio o cárcere: edificio para custodiar presos

o couce: golpe que se dá coas pernas o dote: o que trae a muller ao casar

o legume: hortaliza o sinal: indicio

o berce: a cama dun bebé o coral: nome de pó lipos que viven en colonias

o cuspe: saliva o til: un acento

o vexame: aldraxe o fel: bile

o labor: o traballo o lume: materia combustible acendido

o nariz: ó rgano olfativo o sal: cloruro de sodio

o mel: substancia moi doce feito polas abellas o leite: líquido nutritivo producido polas femias

o ubre: teta da vaca

o sangue: líquido coagulable que circula polas arterias e venas

o cume: o punto máis alto dunha montaña ou dunha árbore, etc.

o costume: modo establecido de facer unha cousa

-o "a", o "be": todos os nomes das letras do alfabeto

- os números son masculinos

- os nomes que rematan en -ote: o dote, o bigote

- os nomes que rematan en -me: o exame, o vexame, o crime, o zume

4.1.2. O feminino en galego

a cal/ a canle: conducto para as augas a ponte: construcción que pasa os ríos

a dor: sensación aflictiva a calor: o que se sente coas temperaturas quentes

a pantasma: espírito a sentinela: garda

a orixe: o comezo a orde: sucesión metódica dunhas cousas

a fronte: a testa a reuma: unha doenza

a atenuante: o que disminúe unha cousa a agravante: o que fai máis perigosa unha cousa

a suor: humor dunhas glándulas da pel a cerdeira: árbore que dá a cereixa

a maceira: árbore que dá a mazá a n ogueira: árbore que dá a noz

a pereira: árbore que dá a pera a ameixeira: árbore que dá a ameixa

a árbore: planta perenne de tronco leñoso a paisaxe: lugar por donde se pasa

-todos os nombres rematados en -axe son femininos menos o paxe, o traxe, o garaxe e o personaxe (ao referirse a un home)

-a meirande parte dos nomes das árbores froiteiras son femininos (agás o castiñeiro, o piñeiro, o limoeiro, o pexegueiro))

- as palabras cultas de orixe grega que rematan en -SE e en -TE: a análise , a crise, a apendicite, a diabete, a cute (a pel)

4.1.3. O femenino fórmase así:

1. os acabados en vocal tó nica ou en consoante, engaden a. avó/avoa doutor/doutora

2. os acabados nas vocais átonas e ou o, cámbiana por a: fillo/filla mestre/mestra

3. os substantivos e adxectivos acabados en -án

a. uns fano en -á irmán/irmá; ancián/anciá; castelán/castelá; curmán/curmá ; e os xentilicios galegos: compostelán/compostelá; ourensán/ourensá; ferrolán/ferrolá; muradán/muradá; coimbrán/coimbrá

b. outros fano en -ana catalán/catalana; alemán/alemana;

As seguintes parellas son irregulares na formación do feminino: home/muller; pai/nai; galo/galiña; cabalo/egua; xenro/nora; can/cadela; boi/vaca

4.2. O PLURAL

NOMES ACABADOS EN SINGULAR EN: ENGADEN:

vocal, ditongo, n, m,b -S. café, cafés; rei, reis, pantalón, pantalóns, club, clubs, álbum, álbums

r, z, s ou x (palabras agudas) -ES. mar, mares; paz, paces; compás, compases

s ou x (esdrúxulas, graves, monosílabas) NON CAMBIAN. lapis, os lapis; martes, os martes, tórax, os tórax

- l monosílabas -ES. sol, soles; val, vales

compostas de monosílabas ollomol, ollomoles;

graves -ES. túnel, túneles; difícil difíciles

agudas -IS ou S. papel, papeis; xabaril, xabarís

4.3 Os sufixos diminutivos, aumentativos e despectivos máis empregados en galego

1. Sufixos diminutivos. O máis usado é -iño/a/os/as ou -ciño/a/os/as, se o substantivo remata en diptongo ou en n. Ten varios significados, alén de pequenez: 1. cariño (naiciña), 2 aprecio (casiña) 3. aumentación (todo todiño/ nada nadiña).

2. Os sufixos aumentativos máis frecuentes en galego son -on/ona e -azo/aza: cabezón, bicazo, apretaza. Os aumentativos ás veces teñen un valor despectivo: mullerón, por exemplo. Outro sufixo despectivo moi usado é -án: folgazán, testán, pailán, pillabán.

1