VI. OS PRONOMES

6.1 As formas

6.1.1 As formas dos pronomes

Persoa

Primeira

Singlar

Primeira

Plural

Segunda

Singular

Segunda

Plural

Terceira M

singular

Terceira F

singular

Terceira M

plural

Terceira F

plural

Suxeito

EU

NóS

TI

VóS

EL

ELA

ELES

ELAS

Complemento

MIN

NóS

TI

VóS

EL

ELA

ELES

ELAS

Con + pronome

COMIGO

CONNOSCO

CONTIGO

CONVOSCO

CON EL

CON ELA

CON ELES

CON ELAS

obxecto

Directo

ME

NOS

TE

VOS

O/LO/NO

A/LA/NA

OS/LOS/

NOS

AS/LAS/

NAS

obxecto

Indirecto

ME

NOS

CHE

VOS

LLE

LLE

LLES

LLES

Reflexivo

ME

NOS

TE

VOS

SE

SE

SE

SE

 

Eu, nós, ti, vós, el, ela, eles, elas empréganse con función de suxeito. Son pronomes persoais tónicos e teñen acento prosódico propio. Eu non sei; ti toleas. Nós non temos medo. Vós sodes medio parvos. El/ela non sabe que facer. Nós e vós levan acento e distínguense das formas átonas, nos e vos, que son complementos directos ou indirectos, por ter o vocal tónica aberta.

El non leva acento. Ás veces emprégase para reforzar as construccións interrogativas ou de dúbida e aproximación: ¿El vés ou non vés? ¿El será que ese home non vai vir?

Min e ti van despois das preposicións e tralas partículas comparativas ca e coma. (é máis grande ca min.)

A forma comigo non leva 'n'. Connosco e convosco son as formas tradicionais pero tamén existen as formas "con nós" e "con vós".

As formas da terceira persoa no, na, nos e nas empréganse despois dos verbos acabados en ditongo: arranxeino, acabounas, fareino, viunos. As formas lo, la, los e las empréganse despois dos verbos rematados en -r ou -s, que se unen á forma verbal sen guión, e despois dos pronomes nos, vos, e lles- a palabra coa que se unen perde a última letra (nótese que se conserva o acento do verbo e acentúase o verbo con pronome como se fose unha palabra soa): coller + a = collela, esperar + o = esperalo, vimos + o = vímolo, ¿queres + o? = ¿quérelo?; No volas (vos + as) presto.

 

6.1.2. AS FORMAS DE CORTESÍA

 

Singular

Plural

Suxeito, Com-

plemento, con +:

VOSTEDE

VOSTEDES

…bxecto Directo

O/LO/NO/A/LA/NA

OS/LOS/NOS/AS/LAS/NAS

obxecto Indirecto

LLE

LLES

Reflexivo

SE

SE

Vostede/vostedes coma suxeitos esixen o verbo na terceira persoa

6.1.3. O PRONOME REFLEXIVO

Persoa

Sen Preposición

Tras Preposición

me

nos

 

 

  

te

vos

 

 

  

se

se

si, consigo

 

Conxugación dun verbo reflexivo e exemplos(A colocación do pronome reflexivo segue as mesmas regras cás dos outros pronomes.):

quéixome non me queixo

quéixaste non te queixas

quéixase non se queixa

queixámonos non nos queixamos

queixádesvos non vos queixades

quéixanse non se queixan

O reflexivo de interese non existe en galego. Así que frases coma as seguintes son incorrectas: *Comínme un par de ovos.* Merécestelo.* Merécese uns azoutes. Habería que dicir: Comín un par de ovos. Merecelo. Merece uns azoutes. O reflexivo tampouco se emprega ao referirse a unha parte do corpo: *Laveime as mans. Hai que dicir: Lavei as mans.

6.1.4 Che e te

6.1.4.1 O emprego de CHE e TE

TE emprégase sempre que sirva coma complemento directo: Espereite tres horas; collínte aquí polos pelos. "TE" é a única forma reflexiva da segunda persoa singular: Levántate; non te esquezas; vaite de aquí. ‘CHE’ é a forma do complemento indirecto. Tróuxenche un libro. Que che vaia ben; ¿que máis che ten? Séntache ben este abrigo.

6.1.4.2 O PRONOME DE SOLIDARIEDADE

Emprégase moi frecuente no galego coloquial un CHE, pronome de solidariedade, para interesar ao interlocutor no que conta o narrador e para darlle unha participación afectiva no discurso; o emprego deste pronome só cambia o sentido da frase en canto á participación do interlocutor no que narra o emisor. Se o interlocutor merece o tratamento de 'vostede', o pronome de solidariedade é LLE. Se os interlocutores son varios, os pronomes de solidariedade serán VOS (de tratamento familiar) e LLES (de cortesía). Este pronome segue as regras de colocación do pronome persoal átono. Non pode aparecer dúas veces o mesmo pronome referido a un so verbo. Así, dóeche a cabeza, dóelle a cabeza, dóevos a cabeza, non admiten o pronome de interese; é dicir, as seguintes frases son incorrectas: *dóecheche a cabeza, *dóellelle a cabeza, *dóevosvos a cabeza. Con certos pronomes é imposible empregar o pronome de solidariedade sen violar a harmonía da frase; por exemplo, as segintes frases non son posibles: *Envióuvomos por correo á miña casa. * Envióullesmos por correo á miña casa.

eXEMPLOS: Dóecheme ben a cabeza.; Dóechelle ben a cabeza.; Este rapaz éche o demo.; Estes rapaces sonche o demo.; Non che teño vagar.; Vaiche moita calor. Envióuchemos por correo á miña casa. Regalóucheme uns pendentes de prata.; A min tinto non che me disgusta. Dóelleme ben a cabeza.; Haille moito que ver.Non vos teño vagar. Non lles teño vagar.

Estas frases teñen o mesmo sentido que as seguintes, sen a participación do interlocutor: Dóeme ben a cabeza.; Dóelle ben a cabeza.; Este rapaz é o demo.; Estes rapaces son o demo.; Non teño vagar.; Vai moita calor. Envióumos por correo á miña casa. Regalóume uns pendentes de prata.; A min tinto non me disgusta. Dóeme ben a cabeza. Hai moito que ver. Non teño vagar. Non teño vagar.

 

6.2. A CONTRACCIÓN DOS PRONOMES

6.2.1 As formas

Se uns pronomes soltos aparecen xuntos, contráense:

o/lo a/la os/los as/las

me mo ma mos mas

che cho cha chos chas

lle llo lla llos llas

nos nolo nola nolos nolas

vos volo vola volos volas

lles llelo llela llelos llelas

O obxecto indirecto sempre precede ao directo. Cada forma significa o resultado das dúas formas soltas: mo = me + o; dállo= dá + lle + o (a el, ela); dállelo= dá lles +o (a eles/elas)

6.2.2. ENCONTRO DE MÁIS DE DOUS PRONOMES ÁTONOS.

Moitas veces pódense encontrarse ata tres pronomes átonos xuntos contando coa forma pronomial de solidariedade.

PROCLÍTICOS

 

mo,-a,-os,-as

llo,-a,-os,-as

nolo,-a,-os, -as

llelo,-a,-os, -as

    

che

che mo, che ma

che mos, che mas

che llo, che lla

che llos, che llas

che nolo, che nola

che nolos, che nolas

che llelo, che llela

che llelos, che llelas

    

lle

lle mo, lle ma

lle mos, lle mas

 

lle nolo, lle nola

lle nolos, lle nolas

 

    

 

ENCLÍTICOS

 

mo,-a,-os,-as

llo,-a,-os,-as

nolo,-a,-os, -as

llelo,-a,-os, -as

    

che

chemo, chema

chemos, chemas

chello, chella

chellos, chellas

chenolo, chenola

chenolos, chenolas

chellelo, chellela

chellelos, chellelas

    

lle

llemo, llema

llemos, llemas

 

llenolo, llenola

llenolos, llenolas

 

    

EXEMPLOS: Non che mo quixo dar. Non che ma quixo dar. Déuchemo. Déuchema. Déuchenolo. Déuchenola

6.2.3 As contraccións de 'de' e "en" coas formas da terceira persoa

 

EL

ELA

ELES

ELAS

DE

DEL

DELA

DELES

DELAS

EN

NEL

NELA

NELES

NELAS

 

Estas son as formas que se empregan: rironse moito *de el. É unha incorrección. Hai que dicir rironse moito del. Non creo *en ela (sic): Non creo nela.

 

 

6.3. A COLOCACIÓN DOS PRONOMES.

6.3.1. Na oración simple e na principal das subordinadas, o pronome segue ao verbo: Fíxolles esa pregunta. Pareceunos algo lonxe. Díxenllelo ben claro.

6.3.2. O pronome anteponse ao verbo cando:

1. A oración vai introducida por un adverbio(salvo cos adverbios: hoxe, mañá, onte, entón, despois, denantes). Uns adverbios que producen a proclise son ata, case, incluso, quizais, seica, xa, aínda, axiña, de seguida, só, sempre, algures, ben, cedo, igual, mal, mellor, peor, tarde, etc. Xa cho dicía eu, Moito llelo agradeceu; Tamén mo parece a min. Axiña te viron. PERO: Hoxe estábavos esperando; Mañá hame dar outra.

2. A oración vai introducida por unha negativa: Nin llo pedín. Ninguén vos estaba esperando. Non mo dixeron.

3. A oración vai introducida por un pronome indefinido (algo, nada, alguén, ambos, bastante, calquera, mesmo, etc.), interrogativo ou exclamativo: Ninguén nos fixo caso. Calquera lle di a verdade. ¿que che pasa?

4. nas oracións desiderativas: ¡mal raio te parta!

5. nas oracións subordinadas, o pronome precede ao verbo:Ven cando che pareza. Countounos que lle fixeran unha trasnada.

6.3.3 Pronomes con infinitivos ou xerundios

Se o verbo subordinado é un infinitivo ou un xerundio, o pronome:

1. pode ir enclítico ao verbo principal agás se hai adverbio, conxunción negativa, ou pronome indefinido: téñocho que dar.

2. pode ir enclítico ao infinitivo ou xerundio: teño que darcho.

3. pode antepor ao infinitivo ou xerundio, despois dunha preposición: teño que cho dar.

Pero é incorrecto: *téñoche que o dar , porque non e’ admisible disociar os pronomes.

 

6.4 Os indefinidos

Os indefinidos son pronomes ou adxectivos que indican natureza ou cantidade dun xeito 'indefinido'. Poden ser palabras invariables coma: alguén, ninguén, algo, nada, cada, calquera. Poden ser variables coma: todo-a, -os, -as; c erto -a, -os, -as; outro, -a, -os, -as; un, unha, uns, unhas; algún, algúns, algunha, algunhas; ningún, ningúns, ningunha, ningunhas; varios, varias; pouco, -a, -os, -as.

6.5 Os relativos

Os relativos son pronomes que introducen cláusulas relacionadas aos antecedentes da oración. As formas invariables son 'que' e 'que n'. As formas varibles son 'cal' e 'cales'

Estas palabras poden ser tamén interrogativos e exclamativos, que non levan acento gráfico salvo ao aparecer en preguntas indirectas. ¡Que deles! ¡Que de coches! ¡Os que el inventou!