A familia

A familia

CAPÍTULO I: A familia
Lectura: A familia
                              

Lectura   A familia A familia de Souto vive en Vilanova de Ribarteme.  Don Antón, o médico do concello, un home  aínda novo que viviu sempre na aldea, de non ser os anos  que pasou estudiando en Santiago.  Alí casou coa que hoxe  é a súa muller, Rosario Seoane.  Cando volveron xuntos para  Vilanova, tiñan xa un fillo, o Henrique, que está para entrar  en quintas.  Carme, súa irmá, é dous anos máis nova ca el.   Pero o rei da casa é o pequeno, Lelo, que cos seus cinco  anos fai o que quere.  Con ser tan cativo, manda nos pais,  nos avós, e mesmo nos tíos e curmáns que ás veces veñen  visitar o petrucio á casa dos antergos.

O avó, o tío Pepe, como lle chaman na aldea, xa vai vello,  pero aínda está rufo.  Hai poucos días que fixo os seus  setenta e cinco anos.  Foi un día de ledicia para o tío Pepe,  porque viu xunta toda a súa parentela: fillos, sobriños, netos,  bisnetos, xenros, noras, compadres.  Todos estiveron na  casa.  Despois do xantar, countoulles contos de cando el era  novo, de seu padriño que emigrara a Buenos Aires, das  mozas que tivera, do seu casamento, do nacemento e bautizo  do primeiro fillo, de cando morrera a súa muller..

Cando enviudou o tío Pepe, quedou sen máis ilusión cá de  ver como medraban os netos, pero sempre di  que non quere  que o enterren sen poder apadriñar algún tataraneto.

Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.